Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Lembrando á Escola", estrea dun testemuño de dez mulleres miñoranas que representan a miles.

"Lembrando á Escola", estrea dun testemuño de dez mulleres miñoranas que representan a miles.

Correo-e Imprimir PDF
cartel-8m-2012

Dez mulleres de Nigrán que non puideron rematar o ensino primario entre 1940 e 1970 por mor da discriminación por xénero, reflexionan sobre como afectou iso as súas vidas. Actuais alumnas do curso de reforzo escolar para adultos que brinda o Concello, decidiron deixar o seu testemuño nun documental producido polo Centro de Información á Muller e dirixido por Franco Tedesco. A película, que leva por título "Lembrando a Escola" será proxectada este venres 9 de marzo, ás 20 horas, no Salón de Pleno do Concello de Nigrán, no marco dos actos de conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

 

A película é froito dun traballo que por meses, ademais das entrevistas, pescudou nos álbums familiares do municipio a fin de contextualizar os relatos. Imaxes de nenas cativas condenadas ás tarefas das casas, o coidado dos seus irmáns, o traballo nas leiras e sen tempo, as veces nin permiso, para asistir ás aulas.

Un testemuño  de dez persoas, pero que sen dúbida reflicten a vida de miles de mulleres que padeceron os arquetipos de xénero da sociedade. A produción foi coordinada pola Concellaría de Patrimonio, Xuventude e Igualdade de Nigrán,

Ficha técnica:

Dirección, guión e montaxe: Franco Tedesco

Cámara 1: Franco Tedesco

Cámara 2: Amalio Sanchez López

Xénero: Documental

Duración: 50 minutos

Protagonistas dos testemuños:

Carmen Fernández Costas (Profesora do Curso de reforzo Escolar de Nigrán)

Benilde Valverde González

Trinidad Valverde González

Ana Esperanza Valverde Pérez

Nemesia Cabral Durán

Josefina Cabral Durán

Dolores Sanromán

Carmen Rúas Fernández

María Rial Doldán

María Luisa Iglesias Vieitez

Encarna Estevez Gregores