Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán conmemora o Día Internacional da Muller coa proxección do filme "Lembrando a Escola".

O Concello de Nigrán conmemora o Día Internacional da Muller coa proxección do filme "Lembrando a Escola".

Correo-e Imprimir PDF
cartel-8m-2012

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a Concellería de Patrimonio, Xuventude e Igualdade a través do CIM proxectará o documental "Lembrando a Escola ". Na cinta rememórase a infancia de varias mulleres de Nigrán e as súas experiencias na escola.

 

O documental que foi realizado expresamente polo CIM para a conmemoración do Día Internacional da Muller, vai proxectarase o vindeiro día 9 de marzo as 20.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Nigrán.

Sinopse:

A través das testemuñas das protagonistas rescátase un anaco da historia da educación feminina: as dificultades das nenas para acceder á formación, o absentismo escolar das nenas que debían colaborar nas tarefas domésticas ou agrícolas ou a existencia de modelos educativos diferenciados por sexo que reforzaban os roles tradicionais.