Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Festexos do Día da Nai en Priegue.

Festexos do Día da Nai en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF
cartel-8m-2012

O Centro Cultural O Torreiro de Priegue exhibirá este sábado ás 20.30 horas a película "Lembrando a Escola", de Franco Tedesco, con motivo da celebración do Día da Nai. A cinta, encargada pola Concellaría de Patrimonio, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán en conmemoración do Día Mundial da Muller o pasado cinco de marzo, rememora a infancia de varias mulleres de Nigrán e as súas experiencias na escola.

 

A través das testemuñas das protagonistas rescátase un anaco da historia da educación feminina: as dificultades das nenas para acceder á formación, o absentismo escolar das nenas que debían colaborar nas tarefas domésticas ou agrícolas ou a existencia de modelos educativos diferenciados por sexo que reforzaban os roles tradicionais.

Ademais, o domingo 7 de maio a partir das 19.00 horas o centro cultural contará coa actuación dos grupos de baile e gaitas de "O Torreiro", así como cunha exposición de fotografías antigas.