Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura 15 rapaces de Gondomar crean unha obra de teatro e enchen o Autidotorio Municipal na súa estrea.

15 rapaces de Gondomar crean unha obra de teatro e enchen o Autidotorio Municipal na súa estrea.

Correo-e Imprimir PDF
aulateatrogondomar

Que é Frankostinos con langostinos?

Unha mistura.

É unha comida?

Podería selo.

Pódese cheirar?

Claro!

Quince rapaces de Gondomar, dirixidos pola profesora Lola Correa crearon Frankositnos con langostinos. Unha obra produto do seu traballo colectivo ao longo de dez meses na Aula de Teatro Gondomar, creada pola Concellería de Cultura local. Nela, Juana de Arco, Sherlock Holmes, un cleptómano, unha bailarina deprimida e moitos persoaxes e situacións conflúen en escena na pescuda dunha explicación: algo os persegue... A Besta!.

O novel grupo de actores xa ten nome: PRITUS-GUOMINS, e un antecedente por demais importante, encheron o Autoditorio Municipal Lois Tobío durante a estrea simultánea do grupo e a obra o pasado sábado 14 de xaneiro.

A mostra foi o resultado dun proceso de creación colectivo entre os alumnos e a profesora, como parte da primeira parte do curso. Unha etapa onde a Aula busca fornecer o colectivo sobre os protagonismos persoais. Nesta etapa creativa, o grupo proponse salientar unha estética na que "a forma na que se conta" sexa tan importante como "o que se conta", segundo informan no programa da mostra.

O elenco de Pritis-Guomins Teatro está integrado por Laura Fernández, Cristina Cerviño, Aldán López, Carla Valverde, Dave Conde, Antía Rey, Anais Cuña, Antonio Rodríguez, Noelia Cerviño, Duna Corredoira, Rafael Areses, Marta Fialho, Helena Abelleira, Carmen Vázquez e Miriam Abelleira, baixo a dirección de Lola Correa.