Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda "Frankostinos con Langostinos". A Aula de Teatro de Gondomar estrea este sábado.

"Frankostinos con Langostinos". A Aula de Teatro de Gondomar estrea este sábado.

Correo-e Imprimir PDF
luis-tobio


A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, presenta unha mostra do traballo feito polos alumnos da Aula de Teatro nos últimos meses. Esta mostra "é o resultado dun proceso de creación colectiva, resaltando a unidade e postura do grupo con un traballo en equipo", expresou o concelleiro Ignacio Troncoso.

Frankostinos con Langostinos é o titulo da obra a representar o sábado día 14 ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Lois Tobio. Unha montaxe que adiantan "sen final, como as películas nas que pon: continuará... Divertida, arrepiante, Frankostinos con langostinos , hai que vela."