Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A aula de teatro do Concello de Gondomar presenta o seu novo traballo “No se lo digas a nadie”.

A aula de teatro do Concello de Gondomar presenta o seu novo traballo “No se lo digas a nadie”.

Correo-e Imprimir PDF
l tobio

-Será o vindeiro 11 de xaneiro no Auditorio Lois Tobío, ás 19.30 horas


O vindeiro sábado 11 de xaneiro, a aula de teatro do concello de Gondomar presentará, baixo a dirección de Lola Correa, o seu novo traballo "No se lo digas a nadie". Obra baseada no mundo da música, baile, cancións e diálogos que envolven aos actores e actrices na escena sen deixalos ver quen son en realidade.
Trátase dunha nova posta en escena dun grupo de mozas e mozos dirixidos pola profesora Lola Correa que dende o 2010 están a consolidar a súa vocación polas táboas. Coa dinámica dun obradoiro aberto, o grupo traballa arreo na formación artística dos seus participantes. Actividade que conta co apoio dende os inicios da Concellaría de Xuventude local así como da Deputación de Pontevedra.
A cita será no Auditorio Lois Tobío ás 19.30 horas.