Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Tecnoloxía

Antes de fin de ano un novo DNI 3.0 permitirá incluír o carné de conducir e comunicará con tablets e móbiles.

Correo-e Imprimir PDF

jsnfcf0arpgw7tqvxkfgA súa expedición permitirá incluír nun só soporte diversos documentos españois ademais do DNI, como ser o carné de conducir e os datos da Seguridade Social. Facilitará a usabilidade comunicando a información do carné a dispositivos móbiles así como o a desenvolvemento de estratexias de seguridade como os chats exclusivos para menores en Internet. Estas son algunhas das características salientables do novo DNI 3.0 segundo o director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, quen o está a presentar nunhas xornadas ante autoridades do Estado e entes privados. A súa expedición anúnciase para antes de fin de ano en todo o territorio do Estado.

"Un chorizo bueno" contra o dispendio de diñeiro público na túa vila.

Correo-e Imprimir PDF

MOOVERANG-IMAGEN-1024x576#CombateElDespilfarro é a etiqueta coa que se está a promocionar a App Mooverang dirixida a facilitar a organización da economía persoal. Este programa para dispositivos móbiles que conta co aval da OCU (asociación de consumidores de España) orquestou unha campaña publicitaria que está a dar que falar nestes tempos electorais. Creada pola axencia BTOB titulada "El chorizo bueno" búscase visualizar o dispendio de diñeiro público que salpimenta todo o estado español.

Un satélite da Universidade de Vigo monitorea a contaminación acústica e do aire de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

gal1Demostrar que unha constelación de picosatélites podería mudar para sempre as comunicacións en zonas do mundo nas que non existen infraestruturas terrestres é un dos obxectivos centrais do proxecto Humsat, que a Universidade de Vigo puxo en marcha en 2013 co lanzamento ao espazo do satélite Humsat-D.

Un ataque masivo afecta a milleiros de usuarios e webs galegas.

Correo-e Imprimir PDF

10885153 10153512931269782 6716957821133868974 nUn ataque "masivo" DDoS aos servidores da empresa galega Dinahosting desde as 16 horas de onte afectou a milleiros de usuarios impedindo o acceso ás webs aloxadas nos servidores da empresa. A incidencia, coñecida como ataque “DDoS volumétrico”, orixinouse pola chegada de decenas de peticións de gigabytes dende millóns de IPs distintas contra os servidores DNS da empresa ca fin de boicotear o acceso dos usuarios ás mesmas.

Os servizos lograron restablecerse definitivamente a primeira hora de esta mañá, tras unha esgotadora xornada de traballo segundo dá conta Dinahosting nun informe público na mañá de hoxe. Os motivos da agresión aínda se descoñecen máis a empresa sinala que baralla varias hipóteses e manterá “varias vías de acción que poñerá en coñecemento das autoridades competentes”.

Un portal ruso deixa ao descuberto centos de webcams en Galicia en directo

Correo-e Imprimir PDF

Captura de algunhas das cámaras hackeadas en Pontevedra

Un sitio web ruso, mostra en directo as imaxes de milleiros de cámaras IP en todo o mundo.

As camaras afectan a negocios locais, talleres, ferreterías, garderías, ... pero incluso interiores de domicilios privados.

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL