Un proceso de relocalización de frecuencias de televisión na banda de 800 MHZ para deixalas dispoñibles para as redes de telefonía móbil de alta velocidade (4G), obrigará a resintonizar os televisores o vindeiro domingo 26 de outubro. Nese senso o Ministerio de Industria, Energía y Turismo informou este xoves que botará andar unha campaña informativa a partir do mércores 15. Na maioría das vivendas se adianta que só constará dunha operación co mando da TV. No caso das antenas colectivas en edificios a adaptación deberá facela persoal cualificado e o Estado destinará subvencións a tal fin. En todo caso a cidadanía pode informarse na web www.televisiondigital.es e nos teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96.
Tecnoloxía
VIDEO | Enxeñeiros estudan como traer Oasis of the Seas e amarralo ao porto de A Guarda
O cruceiro máis grande do mundo partiu do porto de Vigo o pasado sábado, pero xa hai "enxeñeiros" que estudan como poderían traelo e sacalo do dique de abrigo do porto de A Guarda. Unha manobra complicada para o capitan do buque, pero pan comido para calquera mariñeiro experto guardés.
Coñece “Ello”, a nova rede social que quere desbancar a Facebook.
Ello, a rede social "anti Facebook" vólvese viral aínda en face Beta. Coa frase "Vostede non é un produto", o portal recibe aos internautas. Engade "Ello non vende publicidade. Tampouco vendemos información sobre vostede a terceiras partes", di a compañía. Solo se ingresa por invitación.
O Val Miñor sen servizo de ADSL de Movistar e cas operadoras virtuais
Os concellos Val Miñor sufren unha incidencia masiva nas liñas de telefónicas que provocou a caída do servizo de ADSL durante toda a xornada de hoxe.
A compañía Movistar non ofrece máis información aos clientes máis alá dunha mensaxe telefónica grabada indicando que a liña da que chama atópase na área dunha incidencia técnica.
Os clientes das compañías virtuais que operan coa rede de Movistar tamén se viron afectados.
Ten conta en Gmail ? Entón esta información lle interesa. 5000 contas de correo quedaron expostas nun ataque informático masivo.
A Policía Nacional, a través da súa conta de Twitter recomenda aos usuarios de contas de Gmail que verifiquen se o seu enderezo puido ser filtrado no último ataque rexistrado nos servidores de Gmail, que comprometeron a seguridade das contas de correo de máis de 5000 usuarios.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL