Xoves, 8 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

300 novos atraques para Montereal

Correo-e Imprimir PDF

O Monte Real Club de Iates de Baiona solicitou a Portos de Galicia a concesión dunha lámina de auga para a instalación de mais pontos de amarre para embarcacións de recreo. A pretensión do porto desportivo é estender os pantalans cara as proximidades do espigón e da praia Barbeira. desta forma, disporian de espazo para unhas 300 novas prazas, se ben o número final de amarres dependerá do tamaño das embarcacións.

A Universidade Menéndez Pelayo leva a Baiona por primeira vez os seus cursos.

Correo-e Imprimir PDF

O debate sobre o futuro de América Latina atrae á vila a peritos durante tres dias
O seminário é un primeiro paso para criar no município un foro iberoamericano.

O Parador de Baiona acolle até mañá mércores un curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo para analisar o renacer económico e político de América Latina.

Monterreal non é seguro

Correo-e Imprimir PDF

DSCN1400.jpgO acidente laboral que o pasado domingo acabou coa vida dun traballador da TVG puxo sobre a mesa a falta de seguridade en toda a fortaleza de Monterreal.

O paseo que percorre a península de Monte Boi polo interior das murallas carece de varandas en alguns tramos nos que se atravesan pendentes de ate oito metros de altura. Moitos usuários consideran que non é suficiente con advertir do perigo mediante paneis informativos e pensan que deberia existir algun obstáculo que impida cair ao valeiro aos viandantes nun descuido.

Sabarís servirá mais de 3.000 racións de empanada ao longo do dia

Correo-e Imprimir PDF

A asociación de viciños Castro Ladeira organiza, por segundo ano consecutivo, a Festa da Empanada. As previsions apontan a que o redor de 3.000 persoas podan degustar os  2.000 kilos de empanada que se porán á venda.

O certamen gastronómico comezará ás once da mañá. Unha hora despois, o alcalde de Baiona, Luis Carlos da Peña, lerá o pregón da festa. O programa de actos complementarios inclue unha actuación do grupo de gaitas de Rebordáns. A entrega de prémios celebraráse á unha da tarde na praza de Sabarís e, a partir dos catro, o grupo de baile de Chaín dará colorido o encontro.

A Escola de Música de Baiona abre hoxe o prazo de matrículas nas suas 17 espec

Correo-e Imprimir PDF

Dende onte xoves e até o dia 30 deste mes está aberto o prazo para se matricular na Escola Municipal de Música de Baiona nas modalidades de grao elemental e acceso a grao medio.

O impreso para formalizar as inscricións pode recollerse no Centro Cultural Torrente Ballester de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas

Villa Rosa nos tribunais

Correo-e Imprimir PDF

Villa RosaA última batalla contra o ruído da movida nocturna de Baiona librase nos xulgados de Vigo. O Concello denunciou este fin de semana aos responsábeis do pub «Villa Rosa» por romper o precinto que a policia local colocara o pasado xoves no seu equipo de música.

Roubos na Igrexa de Sabaris

Correo-e Imprimir PDF

Igreza SabarísA policia local de Baiona detivo o pasado domingo a un xoven de 21 anos por ser o presunto autor de pequenos roubos no interior da igrexa de Sabarís.

Este indivíduo, cuxas iniciais son J.D.P.P., entrara a roubar despois da misa da tarde do sábado. Un veciño suspeitou que ficara dentro da igrexa e avisou aos gardias municipais, que vixiaron o templo durante toda a noite ate que finalmente o capturaron ás 11 da mañá do dia seguinte.

A reforma de edifícios mellora a imaxe do casco vello de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O goberno de Baiona está a xestionar a reabilitazón da Casa do Relóxio, propriedade do Instituto Nacional da Seguridade Social. O inmoble, ubicado no casco vello, está moi abandoado e posui un informe favorable do Enderezo Provincial de Patrimonio para o seu apuntalamento co fin de evitar o risco que corre de desplomarse.

O microchip, obligatorio para todos os cans de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Os concellais debateron sobre a ordenanza de circulación de cans. A equipa de goberno presentou unha normativa que inclue como obligatoria a instalación do microchip e prevee sancións para as persoas que non recollan as deposicións dos seus cans na via pública. Tras solicitar sen éxito que a moción fose rexeitada, os grupos da oposición votaron en contra e argumentaron que a norma será insuficiente se non inclue regras para animais como os gatos, pombas ou gaivotas.

Achega a túa opinión no foro de debate >>>.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL