Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Sabarís servirá mais de 3.000 racións de empanada ao longo do dia

Sabarís servirá mais de 3.000 racións de empanada ao longo do dia

Correo-e Imprimir PDF

A asociación de viciños Castro Ladeira organiza, por segundo ano consecutivo, a Festa da Empanada. As previsions apontan a que o redor de 3.000 persoas podan degustar os  2.000 kilos de empanada que se porán á venda.

O certamen gastronómico comezará ás once da mañá. Unha hora despois, o alcalde de Baiona, Luis Carlos da Peña, lerá o pregón da festa. O programa de actos complementarios inclue unha actuación do grupo de gaitas de Rebordáns. A entrega de prémios celebraráse á unha da tarde na praza de Sabarís e, a partir dos catro, o grupo de baile de Chaín dará colorido o encontro.

Os asistentes poderán degustar tantas variedades como posibilidades oferece un dos pratos mais típicos de Galicia. E é que oito padarias da bisbarra, Vigo e Salceda elaborarán perto de 1.200 unidades de trigo, millo, hojaldre. Os recheos son tamén de todo tipo e incluen, sardiñas, xureis , xoubas, bacalao, bonito, zamburiñas, berberechos, polvo, carne ou zorza. Tamén se poderán degustar empanadas vexetais, de espinacas, cogumelos e champiñons.

Durante toda a xornada, un forno e unha amasadora, instalados no recinto; permitirán asistir en directo ao proceso de elaboración de empanada e, á vez, garantirá as existéncias.

www.lavozdegalicia.es