Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Villa Rosa nos tribunais

Villa Rosa nos tribunais

Correo-e Imprimir PDF

Villa RosaA última batalla contra o ruído da movida nocturna de Baiona librase nos xulgados de Vigo. O Concello denunciou este fin de semana aos responsábeis do pub «Villa Rosa» por romper o precinto que a policia local colocara o pasado xoves no seu equipo de música.

A medida obedeceu ás queixas de viciños das vivendas cercanas e que foron comprobadas pola policia local por meio dun sonómetro nas moradas dos próprios afectados. Sen embargo, o pasado venres os responsábeis do local decidiron voltar a pór música. O responsable do local, Ezequiel Simóns, considerou que podia facelo ate que non se resolvira o recurso que o día anterior presentara ante a alcaldía por considerar que a decisión era inxusta.

Ler noticia completa da Voz de Galicia