Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Percepcións dun introvertido

Percepcións dun introvertido

Quinta xornada.

Correo-e Imprimir PDF

 

capelaAntes de abandonar a cidade, mesmo antes de almorzar, volvín visitar a obra de Tuñón e Mansilla, que para iso, e non por outra cousa, nos achegaramos esta vez a Cáceres. Despois, xa no coche, puxemos rumbo a Monfragüe. O día estaba claro, o ceo moi azul, e a temperatura estival; entrementres, rodabamos apraciblemente. Soaba Blind Willie McTell no reprodutor de CD cando, tras un tempo perseguindo coa vista a súa silueta, entrabamos nunha das poboacións máis belas que se poidan visitar, aínda que a todo hai quen gañe: Trujillo. Non tiñamos intención de facer parada aí, pero o seu grato recordo funcionou como un imán. Tras cruzarnos co gran Rollo xurisdicional deixamos o coche e, camiñando, penetramos ata o conmovedor corazón da cidade: a Plaza Mayor. E visitámola como quen saúda un amigo co que se atopa casualmente na parada do metro, isto é, rápido e con intensidade.

Cuarta xornada.

Correo-e Imprimir PDF

 

Casas-alentejanas-en-Campo-Mentres María José, en silencio, fai reconto das súas impresións diarias, eu imítoa fixando as miñas nun estrafalario caderno. Xa hai un bo anaco que rematamos de cear pero, despois dun breve faladoiro, aínda seguimos confortablemente sentados á mesa, dándolle saída ás tarefas referidas, en tanto rematamos a botella dun Ribera del Guadiana crianza que elixiramos para acompañar as migas estremeñas, o segredo de ibérico ao alliño e o queixo de cabra ao pimentón de La Vera. Pero..., sexamos ordenados.

Terceira xornada.

Correo-e Imprimir PDF

malagueiraMadrugamos coa idea de percorrer o gran conxunto histórico-artístico de Évora. Primeiro, arrancando dende o Rossio de São Brás, contornámola en coche para ter unha idea xeral do seu tamaño, murallas, accesos, bordos e silueta; despois, paseámola. É posible que o punto máis monumental desta cidade se sitúe arredor da catedral e o templo romano, non obstante atraeume máis, como espazo urbano, o modo que teñen de relacionarse coa Praça do Giraldo as rúas que lle son máis próximas. A praza mostra unhas dimensións acordes ao tamaño da cidade e as rúas engárzanse con ela de forma maxistral. Os soportais entran e saen tanxencialmente ao seu lado de maior dimensión e, despois, continúan atando e conformando o tecido urbano sen que se produzan saltos bruscos na trama. As que chegan á praza perpendicularmente ás asoportaladas, seguindo as liñas de máxima pendente do terreo, desembocan nela abruptamente; de xeito secundario, sen cerimonia.

Segunda xornada.

Correo-e Imprimir PDF
Casa das Artes. Fragmento do soto. Sines. Arq. Aires Mateus.

Sabiamos que o museo instalado no antigo Farol da Guia, primeiro faro levantado na costa portuguesa, hoxe en desuso, non abría ao público ata as dez da mañá e, en consecuencia, decidimos achegarnos, de xeito circunstancial, a Estoril. Xa de regreso paramos á entrada de Cascais para ver con detemento o edificio de uso residencial que Byrne construíu recentemente nese lugar, voando ingrávido sobre a beira do océano. Vino e volvín velo, entregado, pero non fun quen de sentilo afín. Despois, coa hora cumprida, visitamos o Museo do Farol.

Viaxe á estrema dura de Iberia.

Correo-e Imprimir PDF
Museo Paula Rego. Cascais. Apunte a.s.t.

Foise agosto e regresou o hábito; con el, esta columna mensual. Hai un tempo sacaba a lectura pública, en dúas entregas, unha viaxe ficcionada de menos de vinte e catro horas na que cifraba algunhas das miñas emocións e percepcións sobre cousas, lugares e personaxes reais da miña vila. Hoxe colgo a primeira das sete entregas doutra viaxe; esta, real, recente e compartida con María José, arranca nos últimos días do anteriormente citado mes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL