Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Desde a Paraguda

Desde a Paraguda

Ilóxico, baleiro, incoherente, ilegal.

Correo-e Imprimir PDF

 

Marta DacostaEstes son algúns dos cualificativos que podemos atopar para o Decreto 79/2010 nas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que este xoves se facían públicas. Trátase das sentenzas a tres recursos presentados pola Plataforma Queremos Galego, a CIG-Ensino e a A Mesa pola Normalización Lingüística.

A estas alturas xa todos e todas sabemos que as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulan dous dos piares esenciais do goberno do PP para impor a súa política lingüística: a consulta vinculante aos pais e nais en Infantil e a liberdade de elección de lingua nas aulas por parte do alumnado. Mais tamén é importante a forma en que se argumentan tales anulacións e outras deliberacións que contén a sentenza.

Contra quen nega

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaA xeración dos nosos pais quéixase da transición. Adoito lembran que non houbo a ruptura necesaria e que iso condicionou os anos que viñeron despois, este presente que vivimos e que tanto nos afoga.

Pola língua e a cultura

Correo-e Imprimir PDF

Marta DacostaSe vos preguntase cal foi o voso mapa de Fontán particular, aquel que lle descubriu ao Adrián Solovio de Otero Pedrayo cal era a súa verdadeira identidade, moitas de vós diriades os versos de Rosalía: “pobre Galiza, non debes chamarte nunca española”. Outros dirían: “Galiza somos nós, a xente e máis a fala”, como escribiu Manuel María pensando nas nenas e os nenos das escolas galegas.  Todas e todos mencionariamos o Sempre en Galiza, o irrebatíbel: “se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”.

Feiras en lata

Correo-e Imprimir PDF

Marta DacostaProliferan hoxe no noso país as feiras medievais. Tanto que mesmo chegan celebrarse en concellos que naquela altura non existían como tales, nin é a Idade Media a súa época máis representativa. Sucede porque existen hoxe empresas que fixeron das “festas medievais” un negocio, negocio que tal vez sería mellor chamar “feiras de artesanía internacional ao modo medieval”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL