Cartas ao director
As estratexias do cinismo
Aproveitando os pasados días do entroido achegueime ata a Baiona verdadeira e fermosa, non a das reais nostalxias de espermatozoides ou fazañas coloniais, senón á de dereitos cidadáns. Vagabundeei, mañá fría, por calexas de lousas centenarias. Acudín á fachada, cun aquel de fortaleza inacabada presidida por rosetón tardo románico, da antiga colexiata. Deille unha volta para gozar da ábsida máis primitiva e batín de fociños cunha enorme cruz gravada nos perpiaños graníticos erguidos hai séculos por mans gremiais. O símbolo que na súa orixe significou o reino da xustiza e da liberdade acolle baixo os seus brazos unha relación de nomes comandada por José Barreiro Troncoso, alférez provisional, e por Luís Refojo Mariño, cazador de entobados e furibundo perseguidor dos Ineses.
A descuberta do agocho, en Sabarís, de Luís e Pepe Pérez Luís, os fillos de Inés, rematou coa morte destes, do falanxista, da anciá Dolores Samuelle e desencadeou a matanza vingativa de nove veciños do Val Miñor, no lugar coñecido como Volta dos Nove.
As mentiras nunca serán verdades, Sr. Silva
O TSXG, nese auto, non demostra que o PXOUM está en vigor, senón que ratifica moi claramente que as sentencias de dita sala de datas 21-11-05 e 22-12-05, seguen en vigor, e sabe o que dicía literalmente unha delas, ...
Entre Baiona e Beijing
Eléctricas Ilusións
Matinaba eu, nunha tardiña soleada de primeiros de febreiro, en chegar á casa e poñerme con certas cousiñas atrasadas. Corrixir algúns exames, preparar algunhas clases e redactar algún que outro escrito reiterada e intencionadamente posposto. Mais non puido ser. Non había luz....
Non había luz en toda a parroquia. Tampouco en Couso, nin en Morgadáns, nin en Peitieiros, nin en... Miles de persoas sen luz. Regresou ben avanzada a noite. Non pensen vostedes que vivo nun sitio afastado. Xa ven, é en Gondomar, no turístico Val Miñor, nun concello integrante da Área Metropolitana de Vigo, a vinte quilómetros do centro da gran urbe do sur de Galicia. ¡E non tiñamos luz!
Hasta pronto, Pepe
Habíamos recibido el aviso perentorio, «Pepe está muy mal; tenéis que venir, no pasa de esta noche», y nos pusimos en carretera gracias a una de mis hijas y su marido, por que mi corazón atenazado me impedía conducir. Pedimos que dijeran a los sanitarios que no le sedaran del todo, que pudiera reconocernos, saber que estábamos también a su lado en ese trance.
Llegamos al hospital a las dos y media de la madrugada, dormitaba en la cama, le toqué una de sus piernas. ¡Hombre!, me dijo, y me pidió un beso con su voz rota por el cáncer. Luego, besó la yema de su índice y posó su beso en mi mejilla. Pedimos que le sedaran para que no sufriera hasta donde ello fuera posible. Pedí a mi madre que se lo llevara con ella cuanto antes, que detuviera su dolor.
A Manuel N. S.
La Sexta - un partido de oro
Onte xogou a selección Española, a que din que é de todos e todas, pero moitos desa totalidade non poidemos desfrutar deste partido histórico porque ainda estamos sen cobertura. Xa non digo da televisión dixital, porque iso soa a utopía, soa a futurista...refírome a ver a SEXTA, a canle privada que foi a única en retransmitir dito evento.
A verdade é que podería dicir que me da o mesmo, que é televisión e unha canle máis, que toda a tv ten basura, bla bla bla... pero a verdade é que analiznadoo sinto rabia porque non entendo como se pode retransmitir un partido de interese NACIONAL por unha canle que non ten garantido o cento por cen de fornecemento.
As asociacións de veciños piden a redacción do PXOM dende a transparencia
As asociacións de veciños do concello de Nigrán “A Unión” de San Pedro, “O Castro” de Chandebrito, “Dunas” de Nigrán, “Monteferro” de Panxón, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, A. VV. de Camos e a A. VV. Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo reuníronse en asamblea o xoves 13 de xullo para elaborar unha resposta ó ofrecemento do alcalde de Nigrán de Nigrán en relación coa resolución do conflicto xerado polo PXOM proposto pola equipa de goberno.
Esta resposta ven dada ante o ofrecemento do rexedor a que sexan directamente as AAVV de veciños as que redacten o PXOM de Nigrán; unha idea non compartida que sentou malestar nos portavoces xa que entenden que son responsabilidades unicamente competentes aos concellais e técnicos do concello, responsabilidades que consideran deben ser asumidas.
Bebidas enerxéticas - Tópicos e lendas

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL