Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán potenciará a gastronomía local na sua feira de antiguedades

Correo-e Imprimir PDF

Durante o fin de semana, quince estabelecementos hosteleiros de Nigrán realizarán descontos especiais e oferecerán unha importante variedade de pratos para todos os gostos.

Esta iniciativa se enmarca na celebración da feira de antiguidades, «Almoneda», que organiza a concejalía de Cultura de Nigrán, dirixida por Aurora Carbajal.

Comeza o ciclo de charlas do 25 aniversario do taller de cerámica de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Cerámica en NigránA escola de cerámica de Nigrán programa un ciclo de conferéncias con motivo do 25 aniversario da sua creación. Hoxe haberá unha conferéncia sobre o torno manual a partir das sete da tarde no salón de sesións do Concello.

Está prevista a presencia dun alfareiro, que falará sobre a técnica mais ancestral no mundo da cerámica, realizará traballos en directo e exporá varias das suas creacións, así como obxectos de uso típicos da cerámica de Pereruela.

Nigrán levará a pleno a aprobación definitiva do parque empresarial

Correo-e Imprimir PDF

O goberno de Nigrán procederá á aprobación definitiva do plan parcial do polígono de Porto dó Molle nun prazo de dous meses, segundo asegurou onte o alcalde, Alfredo Rodríguez Millarés.

O rexedor manifestou que dende o Concello se deron todos os pasos para facer realidade este proxecto que conxugará os usos industriais, comerciais e de lecer en mais dun millón de metros cuadrados, mentres que Zona Franca tamén quitou a concurso a realización do proxecto de urbanizazón. Na sua opinión, o futuro parque empresarial mellorará a calidade de vida de todos os habitantes de Nigrán.

Turismo sen barreiras

Correo-e Imprimir PDF

Nigrán iniciará un plano para eliminar barreiras arquitectónicas.

O Concello de Nigrán porá en marcha unha campaña para eliminar as barreiras arquitectónicas do município co lema «un turismo accesible para todos».

Esta iniciativa está coordinada pola concejalía de Turismo e contará coa colaboración da empresa Via Libre Grupo Fundosa, pertencinte á Fundación ONCE.

Hallazgos arqueológicos, ejemplares de industria lítica

Correo-e Imprimir PDF
La edil de Cultura de Nigrán, Aurora Carvajal, presentará esta semana unos importantes hallazgos arqueológicos en este municipio, ejemplares de industria lítica. Los más antiguos son del Paleolítico.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL