Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A SEGURIDADE MARÃ?TIMA AÃ?NDA EN CUESTIÃ?N

A SEGURIDADE MARÃ?TIMA AÃ?NDA EN CUESTIÃ?N

Correo-e Imprimir PDF
Dez mil persoas maniféstanse en Santiago no "Día da Dignidade" tres anos despois do afundimento do Prestige
[14/11/2005 07:54] "Os medios cos que contamos logo de case un milleiro de días dificilmente serían eficaces para paliar unha marea negra". Así o advertía o poeta Rafa Villar, voceiro este domingo da Plataforma Nunca Máis. Á súa beira, a marisqueira Carme Fontoira afirmaba que "seguimos coma estabamos e preténdese mercar as conciencias da xente do mar con apenas migallas". A reivindicación de plans de coordinación que inclúan a utilización de barreiras marítimas para o petróleo en caso de accidente, proxectos de rexeneración de praias e caladoiros... Ademais das peticións concretas, a marcha serviu tamén para homenaxear á xente do mar e aos voluntarios que se esforzaron no seu día na limpeza das toneladas de fuel que chegaron ás costas. O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, e o vicepresidente Anxo Quintana, foron representantes principais do bipartito nesta cita. Quintana avanzou que a Xunta vaille pedir ao goberno español o traspaso de competencias sobre seguridade marítima.
  • Imaxes inéditas do afundimento publicadas por El País
    Para lembrar:
  • A Negra Sombra do Prestige
  • Un ano de loito
  • No escáner: Estamos preparados para afrontar outro Prestige? 

    www.vieiros.com