Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Las nueve cruces de Baiona

Las nueve cruces de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
 Centenares de personas asistieron ayer en el rompeolas a la inauguración de una escultura en honor a nueve vecinos que fueron asesinados por falangistas en 1936 

Una escultura de bronce recordará para siempre a los nueve vecinos de O Val Miñor que en 1936 fueron asesinados por un grupo de falangistas a las afueras de Baiona. Centenares de personas asistieron ayer al acto de inauguración del monumento que ha sido creado por el artista Fernando Casás y pagado mediante una suscripción popular. La obra es de bronce y representa un tronco con nueve ramificaciones que simbolizan las vidas que fueron sesgadas hace hoy 69 años como venganza por la muerte de un simpatizante de Franco en una reyerta ocurrida en Sabarís.

La escultura está colocada en el mismo lugar donde se produjeron los fusilamientos, a un kilómetro de Baiona, junto al mar, en la carretera hacia Santa María de Oia, frente a las nueve cruces pintadas a mano que siempre han mantenido latente en la memoria este trágico suceso. 

Una placa recuerda los nombres de los ajusticiados: Manuel Aballe Domínguez, Francisco Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso, Manuel Francisco Lijó Pérez, Modesto Fernández Rodríguez, Félix Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González, Manuel Barbosa Durán y Generoso Valverde Iglesias. Eran personas humildes con edades comprendidas, entre los 30 y los 45 años de edad que encontraron la muerte pensando que recobrarían la libertad. Sus descendientes aún siguen buscando una explicación a semejante barbarie.? Acto multitudinario Hijos, nietos y sobrinos de los fallecidos no quisieron perderse ayer este emotivo acto en el que participaron alrededor de 300 vecinos, entre los que también había representantes políticos de los tres ayuntamientos de O Val Miñor y numerosas personalidades del mundo de la cultura. 

Intervino en primer lugar la portavoz de la comisión y edil del BNG de Baiona, Ana María Rodríguez , que destacó que este acto «no se hace para molestar a nadie, sino para devolver la dignidad a nueve personas que fueron humilladas y asesinadas». El historiador Juan Antonio González , el escritor José Cáccamo , el arqueólogo Xosé Lois Vilar y el director xeral de Cultura, Xosé Lois Bará , también destacaron la necesidad de realizar este tipo de homenajes para que no se repitan las monstruosidades de la guerra.

Esta iniciativa partió del Instituto de Estudios Miñoranos, que fomentó la constitución de una comisión ciudadana, que es la que se ha encargado de recoger los fondos necesarios para llevar a cabo este homenaje. Dicha comisión continuará trabajando para que no caigan en el olvido otros crímenes cometidos durante la Guerra Civil en la comarca de O Val Miñor. La próxima publicación del IEM abordará este negro capítulo de la historia local. 
www.lavozdegalicia.es


Descurso de X. Lois Vilar 

Sr. Director Xeral de Cultura, autoridades, familiares e amigos.
Hai pouco máis dun ano a Xunta Rectora do Instituto de Estudos Miñoranos decidiu MONUMENTALIZAR o lugar da VOLTA DOS NOVE. Constituímos unha comisión nun acto público celebrado na biblioteca de Baiona e contamos coa colaboración institucional da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona así como da aportación económica de todos nós.
Aínda que hoxe inauguremos o MONUMENTO, (así, todas con maiúsculas) a comisión non se disolverá xa que fican asuntos pendentes, como a tumba dos Ineses no cemiterio de Sabarís ou o foxo dos nove no camposanto de Baiona. 

A min concedéronme a HONRA de ser o voceiro desta comisión. Onte ás 2 da madrugada plantexeime que dicirvos e non fixen máis que achegarme aquí algo antes das 3, 69 anos menos un día despois dos tráxicos acontecementos; anímovos a que veñedes á noitiña ou á noite e decatarédesvos que non estades sós, observade o horizonte do mar de Baiona e nove luces, nove orlan o fondo: a baliza do Lobo, a dos Carallóns, Cabo de Bicos, A Agoeira, A Pedra que Bole, Cangas (2), A Porta e O Centulo. Por certo todas distintas, con distinto brillo, distinta intermitencia e intensidade, unhas brancas, outras amaralentas, vermellas, verde A Pedra que Bole. Son eles no seu mar, sete mariñeiros, un labrego e un ferreiro. Luces variadas coma eles, Fidel con 51 anos, sen fillos ou Manolo Barbosa con 30 anos, 4 fillos e viúva con 26, Julia Sanjuan; unha lembranza para ela que aínda vive con 95 anos en Nigrán preto de Camos.

Nesta actuación artística de Fernando Casás conxúganse os 4 elementos da vida: o AIRE que respiramos, a “AGUA” que rebenta, estoupa na BOMBARDEIRA polo sur e SANSÓN polo norte, dous nomes con forza. PEDRA do PAÍS e TERRA que alimenta herba e loureiros, e por suposto o LUME que fundiu a centos de graos os 260 quilos de bronce. Todo elo para crear un espacio transcendente, permanente. O home de tódolos lugares e de tódolos tempos riscou na terra para debuxar como fixo o pobo durante 69 anos, como riscaba Sofía das Cruces, viúva do tío Félix. 

Pero o home galego do máis profundo da nosa historia, desde o neolítico, hai 6000 anos, cando quixo deixar a súa pegada na paisaxe chantou pés dereitos para construir as cámaras funerarias, as mámoas para os seus mortos.
O home galego hai 4000 anos deixou impresas nas laxes graníticas dos nosos montes as mellores imaxes gravadas do mundo, os petroglifos. 

E hoxe nós, no 2005 deixamos convertido en MONUMENTO un lugar de silvas, toxo e fento no mellor lugar posible.
Ergueranse no mundo pirámides na honra dos faraóns en Éxito, enormes cruces en vales caídos, pero ningún lugar no noso corazón como A VOLTA DOS NOVE a beira deste mar de BAIONA de MIÑOR. Vai por eles, polo Aballe, Antonio, O Gonda, O Lijó, O Rei Chiquito, O Pelonio, Tío Félix, Manolo Barbosa, por Generoso e por vós fillos que o sufristes.