Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aparcamento subterraneo en Ramallosa

Aparcamento subterraneo en Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

O próximo mes de outubro comezará a construcción dun aparcamento subterráneo nun solar municipal de A Ramallosa. A corporación aprobou onte a adjudicación das obras e a estoupación destas instalacións á empresa Estacionamento Val Miñor S.L, que foi a única que se apresentou ao concurso público convocado polo Concello.

O contrato foi aprobado cos votos a favor da equipa de goberno, a absteción do PSOE e a oposición do BNG. O párking disporá de 225 prazas que serán de alquiler excepto catro para uso gratuito municipal. O orzamento desta actuación ascende a 1.885.560 euros e a empresa disporá de 15 meses para levar a cabo as obras, polo que as instalacións poderian abrir-se a partir do 2007.

A tarifa que terán que pagar os futuros usuários do párking será de 1,25 euros a hora. A adjudicataria asumirá a cesión do terreno por un período de 39 anos e deberá abonar un canon anual ao Concello de 2.000 euros.