Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán "Isto é unha tomadura de pelo" así coinciden os veciños de Patos tras as obra

"Isto é unha tomadura de pelo" así coinciden os veciños de Patos tras as obra

Correo-e Imprimir PDF
normal_DSCN1384Os veciños califican de "tomadura de pelo" a reforma da explanada del mercado de Patos na que o concello investiu 109.000 euros (18 millóns das antigas pesetas).
Confiaban en que o entorno da praia de Patos melloraria o seu xeito, esperaban que tras as obras realizadas polo concello na zona ian poder desfrutar duns xardins na explanada que, sobre a praia de Abra, alberga o mercadillo semanal. Sen embargo, xa concluídos os traballos, os veciños de Panxón creen que os resultados poñen de manifesto que "todo foi unha tomadura de pelo".

Manuel Doldán, presidente da entidade viciñal, lembra que a actuación proxectada polo concello incluía a construcción de novos accesos á praia, a colocación de mobiliario urbano e tamén o axardinamento da zona.

Ainda que molestos coa actuación do concello, aos veciños xa non lles sorprende a "deixadez" en cuestións que afectan á parroquia. "Dende fai cinco meses permanecen sen pavimentar vários camiños de Rial onde se fixeron obras de saneamento, o alumeado na estrada da via é deficiente e as marquesinas dos autobuses están desmanteladas", explica o presidente do colectivo veciñal.

Ademais, asegura que "o concello denegou á asociación, que actualmente conta con perto de 600 membros, unha axuda de 9.000 euros que necesitamos para acondicionar a sede, construir unha pista de petanca e chave e mercar unhas canastas de baloncesto".

Por todo iso reclaman ao concello que atenda as necesidades que plantexa a parroquia, xa que do contrário "estanos a obrigar a realizar accións de protesta para ver se dese modo conseguimos que nos escoiten", apontou Manuel Doldán.

Ler nova completa http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=19296&pIdSeccion=3&pNumEjemplar=2382