Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Homenaxe a David Russell en Nigrán

Homenaxe a David Russell en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Imagen de noticiaMedalla de prata para un guitarrista de ouro. David Russell xa luce a distinción que lle entregou o Concello de Nigrán por ser un dos mellores intérpretes do mundo.

O acto se celebrou onte no Pazo de Urzaiz ante numerosas personalidades, veciños e amigos do mestre. Russell recebeu a insígnia de mans do alcalde, Alfredo Rodríguez, para quen é un orgullo ter entre os seus viciños a un músico tan apreciado en todo o mundo.

O ritual se seguiu con todo o rigor que marca o regulamento de honras e distincións do Concello. Primeiro tomou a palabra o edil do goberno, José Rial, que destacou a importáncia desta distinción, ao ter-se lembrado por unanimidade entre os membros da corporación e lembrou o último logro do artista, que obtivo un prémio Grammy polo seu penúltimo disco, Aire Latino .

http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=3912312