O pasado martes tivo lugar a sesión constitutiva do novo Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán, recentemente elixido, convocado polo tamén novo responsable local da formación, Adrián Rei, número 2 da candidatura do BNG Asembleas.
Abertas nas pasadas eleccións municipais.
Xunto a Adrián integran este novo Consello Local; Xavier Rodríguez, portavoz municipal, como responsable de política ; Xavier Méndez, que foi o coordinador do programa electoral nas pasadas eleccións, como responsable de estudos e programas; Sefi Romero, número 5 da candidatura nas municipais, como responsable de finanzas e actos, e Carmen Piñeiro e Vicente Lobato, ambos membros do movemento veciñal, como responsables de relacións cos movementos sociais.
"Este novo Consello Local nace coa vocación de dar un impulso á actividade do BNG na localidade, ao mesmo tempo que para fortalecer a acción institucional realizada no concello", sinalan nun documento informativo.
"Da lectura dos resultados das pasadas eleccións municipais, no BNG de Nigrán sacamos a conclusión de que un número importante de veciños segue querendo que o nacionalismo estea presente na corporación local, pero tamén interpretamos que nos piden mais traballo", afirman.
Engaden que "para dar cumprida resposta a esa esixencia, constituímos o Consello que agora inicia o seu camiño"