A concelleira socialista Raquel Giráldez presidiu este mércores a xunta de Goberno Local en calidade de alcaldesa en funcións. Aspecto salientado dende a administración por tratarse dun feito histórico no concello de Nigrán.
Trátase da primeira vez na historia do municipio que unha muller ostenta este cargo. O rexedor Juan González, ausente hoxe por motivos persoais, asinou un decreto conforme o día 15 de xullo delegaba tódalas súas funcións na súa primeira tenente de Alcalde e concelleira de Economía, Facenda, Contratación e Emprego.
Giráldez é veciña de Panxón de 38 años, diplomada en Empresariais e forma parte por vez primeira da corporación municipal de Nigrán.