Ante a polémica xurdida entre o PSOE e o PP, en relación á ausencia de ordenadores portátiles no inicio deste mandato, NIGRÁN DECIDEÂÂ vai solicitar que comecen o antes posible os traballos para a actualización do inventario de bens e dereitos do Concello de Nigrán.
A solicitude feita pública nun comunicado refire a que o o actual alcalde socialista Juan González e o seu equipo aínda teñen que facer as comunicacións institucionais a través do seus teléfonos persoais. Segundo eles porque o anterior equipo de goberno liderado polo popular Alberto Valverde aínda non depositara os terminais e números dedicados a tal fin para o uso da corporación.
Sen embargo, no día de onte, o popular Valverde sinalou que os equipos estaban na casa consistorial e o único que quitouse foi o ordenador da alcaldía. Nese senso, Valverde afirmou que tratábase dun terminal persoal e non do municipio.
Para José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, nas últimas eleccións municipais a veciñanza “elixiu unha nova forma de facer política, na que se traballe con rigor e sen medias verdades, en beneficio da maioría da veciñanza”. Engade que “É por iso polo que non participará en ningún debate mediático” desta caste, como tampouco compartiría unha política de “axuste de contas”.
Ademais NIGRÁN DECIDE comezará a pedir documentación relativa ás contas de Nigrán, con especial referencia á adquisición de equipos informáticos nos últimos catro anos.
Esta actualización é unha das 37 propostas que NIGRÁN DECIDE transmitiu ao actual alcalde a semana anterior á súa investidura. “Esta medida servirá para defender os bens do concello, pagados co diñeiro de toda a veciñanza”, sinalan.