O alcalde, que tamén asume a concellaría de Servizos Sociais, mantivo o luns unha reunión de traballo na que se repartiron as responsabilidades das áreas de goberno. Na mañá deste martes foi convidado a inaugurar unhas xornadas estatais en Zona Franca e fixo a súa primeira visita como rexedor ás instalacións do centro Juan María.
Como nota anedótica da xornada, a nova corporación ten que utilizar ainda os seus teléfonos e ordenadores persoais porque o anterior goberno aínda non fixo o correspondente depósito no concello.
Apenas formado o equipo de goberno na pasada xornada, o novo alcalde de Nigrán, o socialista Juan González acudiu a un acto protocolario esta mañá no parque empresarial de Porto do Molle. Alí a Consellaría de Industria da Xunta de Galicia e Zona Franca inauguraban unhas xornadas nacionais sobre desenvolvemento de parques tecnolóxicos, onde González foi convidado a dar o discurso inaugural.
Rematado o acto, fixo unha visita imprevista ao Centro Juan María de educación especial. "El alcalde de #Nigrán nos visita!" colgaron inmediatamente nun chío no Twitter oficial do centro. "Quería que esta fora a primeira visita como alcalde en recoñecemento ao seu labor ao longo de tantos anos", explicaba o rexedor a Valminor.info en comunicación telefónica.
Na visita González compartiu uns minutos co alumnado do centro no que definiu como unha visita de cordialidade para saudalos e recoñecer o labor dos docentes e responsables desta institución modelo de Nigrán.
A comunicacións inatitucionais do novo resedor aínda teñen que facer a través do seu teléfono persoal, dado que o anterior goberno aínda non depositaron os terminais e números dedicados a tal fin para o uso da corporación.
O novo equipo de goberno de Nigrán
Segundo o decreto de reparto de áreas de goberno asinado na xornada deste luns, o alcalde Juan González asumirá tamén a concellaría de Servizos Sociais. Raquel Giráldez será a 1º Tenente de alcalde e responsable das áreas de Economía e Facenda así como Contratación e Emprego. Ruben Rial, terá a 2ª tenencia de alcaldía, Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade.
Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade estarán a cargo da concelleira Ana Pérez. Mentres que Urbanismo, Medio Ambiente, Persoal e Comercio serán responsabilidade de Diego García Moreira. As áreas de Deportes e Educación para Luis San Román Román e a Concellería de Relacións Veciñais e Seguridade estará a cargo de Alfonso Vázquez.
As dedicacións e formación da xunta de goberno se resolverán nos vindeiros días tras manter conversas con forzas da oposición na procura dunha maioría absoluta que dea estabilidade ao equipo do socialista Juan González.