Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán aproba uns presupostos que a oposición tilda de "ficticios"

Nigrán aproba uns presupostos que a oposición tilda de "ficticios"

Correo-e Imprimir PDF
Corporación nigranense deu onte a sua aprobación aos presupostos municipais, que ascenden a 20.535.807 euros, cos votos en contra do PSOE e do BNG. Pese á defensa que o goberno local realizou das contas, ás que atribui "os maiores investimentos da história de Nigrán", a oposición as califica de "fictícias" e "infladas".

O alcalde, Alfredo Rodríguez, incidiu nos 9.748.866 euros que o goberno local destinará a investimentos en obras no município, fundamentalmente en instalación de redes de saneamento e en acondicionamento de viais. "� un grande esforzo de redución da porcentaxe de gastos e incremento do de investimentos que se traducirá en obras palpábeis", sinalou.

O representante socialista asegurou que os presupostos da Xunta non contemplan nengun investimento para Nigrán, segundo informacións solicitadas ao grupo parlamentário do PSOE.

 Pola sua parte, o portavoz do grupo socialista, Efrén Juanes, acusou á equipa de goberno de "crear falsas expectativas, xa que non dispón de compromiso formal algun respecto aos investimentos da Xunta e a Diputación que preveen as contas".

Juanes atribuiu o incremento dos ingresos á "maior presión fiscal, á venda de fincas propriedade do concello e ao crédito de dous millóns de euros que solicitará a equipa de goberno. Respecto aos gastos, o portavoz socialista apontou un incremento importante ao "subir as gratificacións, os prémios á produtividade e o incremento de plazas na plantilla". Os investimentos mostran, en palabras de Juans, asuntos que xa figuraban nos presupostos do ano pasado como a estrada a Telleira, a de Rans e a de Mallón a Areíña.

Asimismo, o representante socialista asegurou que os presupostos da Xunta non contemplan nengun investimento para Nigrán, segundo informacións solicitadas ao grupo parlamentário do PSOE.

O portavoz do BNG, David Giráldez, cadrou en todos os pontos con Juanes, ainda que destacou que o investimento que non procede de outras administracións atinxe tan só 372.285 euros, "unha miséria".

O nacionalista criticou o feito de que se acuda a operacións de crédito para asfaltar ruas ou que "se venda patrimonio municipal para investir en propriedades que non lle pertencen o concello".

Os presupostos permanecerán expostos ao público durante un mes nas dependéncias municipais para oferecer a posibilidade aos viciños de apresentar alegacións.


Desestimado o recurso de FCC contra a contratación de Cespa
 
 
Ademais de aprobar as contas municipais para 2005, o grupo de goberno aprobou desestimar o recurso de reposición apresentado pola empresa FCC, actual concesionaria do servizo de recollido de lixos, contra a contratación de Cespa o próximo ano e durante dieciséis mais. O grupo de goberno baseou a sua postura nun informe técnico externo que proferia rexeitar a alegación..

Juans proferiu que o secretário municipal realizase un novo informe e Giráldez advertiu ao goberno que se FCC apresenta un contencioso e xera gastos ás arcas do concello será baixo a sua responsabilidade.
 

Rexeitada rua Fernando Alonso e o vial en Chandebrito
 
 
.A equipa de goberno fixo uso da sua maioria para rexeitar dous propostas do grupo socialista. A primeira solicitaba a denominación dunha rua de A Ramallosa como Fernando Alonso, un ex presidente da asociación de viciños xa falecido. O goberno argumentó que se está a elaborar unha normativa para a nomenclatura das ruas, dado que o Plan Xeral e as novas urbanizazóns dotarán o município de novos viais. O estudio do vial de Chandebritño a Valladares, en Vigo, que pedian os socialistas tamén resultou denegado porque existe un proxecto "mais amplio" para a parróquia.