Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os presupostos de Nigrán medrarán un 8,5% e superarán os 20 millóns

Os presupostos de Nigrán medrarán un 8,5% e superarán os 20 millóns

Correo-e Imprimir PDF
Os presupostos do Concello de Nigrán atinxirán en 2005 unha cifra histórica, segundo o porta-voz do goberno local, o edil do PINN Antonio Fernández. O total das contas previstas para o próximo exercício será de 20.535.807 euros. Esta cantidade supera en 1,6 millóns ao deste ano, polo que as contas do próximo medrarán un 8,5%. A Corporación abordará este asunto o próximo martes, dia 28, nun pleno que terá lugar ás 12.00 horas.

O importante incremento dos presupostos responde a vários factores. Segundo Antonio Fernández, o "espectacular" aumento dos ingresos procedintes de outras administracións contribui en boa medida a que as contas medren. E é que as transferéncias por parte do Ministério de Administracións Públicas, a Xunta e a Diputación de Pontevedra superarán nun 78% os xestionadas ao longo deste ano.

Os dados de Fernández reflecten que o Estado aportará un total de 182.577 euros, a Xunta 2.798379 euros e a Diputación, outros 2.745.000 euros.

Crédito de dous millóns

Entre as causas da medra dos presupostos atopa-se tamén a operación de crédito que o goberno local xestionará por valor de dous millóns de euros. Ainda que o empréstimo incrementará a déveda municipal, Fernández considera que os gobernantes están obrigados a asumirlos co fin de "dar aos veciños servizos básicos e fundamentais, que se se lles negaron durante os últimos anos".

O endeudamento actual do Concello de Nigrán é do 7,7%, polo que debe un total de sete millóns de euros. Os novos presupostos previne que, ao acabar o próximo exercício, a déveda municipal atinxa os oito millóns e meio de euros.

Impostos

A suba de impostos e taxas contribui, asimismo, a que o concello dispoña de mais diñeiro. Por impostos directos de IBI e circulación de Nigrán recaudará un 12% mais que o ano pasado con 3,8 millóns e, polos indirectos, un 10% mais con 500.000 euros. Respecto ás taxas de recollida do lixo, licencias de construcción ou apertura de estabelecementos ou sancións por infraccións urbanísticas, as arcas do concello ingresarán un 20% mais que en 2004, atinxindo os 3,5 millóns de euros.

Ainda que a venda de parcelas municipais do SAU 4 e do SAU 2 aportará 1,8 millóns ao concello o próximo ano, esta cifra diminui nun 20% en relazón á vendas desenvolvidas en 2004.


Un 10% mais de gastos e un 12% de aumento en axudas a colectivos
 
 
Ao igual que os demáis capítulos, o de gastos tamén se incrementa. Fernández informa de que, en xeral, o mantemento corrente e de servizos aumentará nun 10% ao longo do próximo ano debido ao novo contrato de recollido de lixo e limpeza coa empresa Cespa. ...

Asimismo, Fernández sinala un incremento do 12% nas transferéncias de subvencións a colectivos culturais, desportivos e vicinais e un aumento importante "en partidas destinadas a gasto social, cultural e educativo".
 

Os investimentos atinxen o 50% das contas
 
 
O portavoz do goberno nigranense, Antonio Fernández, destaca a importáncia do capítulo de investimentos para 2005, que somarán 10.249.559 euros. Esta cantidade servirá para completar o 80% do saneamento en todo o município con novas actuacións en Telleira, Parrulos, Camos, Mallón, Panxón, Parada, Priegue, Chandebriño e Ceán. Respecto a obras de acondicionamento de viais, Fernández incide nas de Parada, a estrada de Camos e rúa Xesus Espiñosa. A estrada de Rans, con 1,167.290 euros, e a de Telleira.Ceán, con 1.130.189 euros disporán dos maiores investimentos do concello en 2005 en colaboración con outras administracións. En Praia América tamén se investirán 595.000 euros. ...

O departamento de Vias e Obras levase case o 90% dos investimentos en 2005, pero tamén se reservan partidas para a pista polideportiva do Instituto Val Miñor, a reforma da biblioteca, do campo de futbol de Vilariño, a construcción da guardería e dun novo centro social no núcleo de Nigrán.