Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Entidades vicinais de Nigrán estudan criar unha federación

Entidades vicinais de Nigrán estudan criar unha federación

Correo-e Imprimir PDF
As asociacións de viciños de Chandebriño, Priegue, Camos, Parada, A Ramallosa e Panxón embarcaronse nun proxecto comun co obxectivo de lograr unha maior fluidez nas suas relacións co Concello de Nigrán. Para iso, as suas xuntas directivas mantiveron varias xuntanzas nas que se planteó a posibilidade de constituir unha federación que exerza as funcións de interlocutor do movimento veciñal co concello.

Carlos Gómez, secretário da Asociación de Viciños de Chandebriño, explicou onte que a nova entidade "estará formada por duas representantes de cada unha das asociacións", que nas xuntanzas periódicas que se estabelezan "porán sobre a mesa as principais necesidades da sua paróquia co obxectivo de buscar solucións conxuntas".

O propósito das entidades vicinais nigranenses xa foi posto en coñecemento da concejala de Participación Cidadá, Ana Rial, que mostrou o seu apoio a este iniciativo nun recente encontro cos seus promotores.

"Queremos dar a nosa opinión sobre o futuro Plan Xeral"
 
 
Parten do feito de que representan aos viciños de Nigrán e de que o seu contacto diário coa realidade social das paróquias lles oferece unha perspectiva particular das necesidades de cada zona. Por iso, esperan poder participar no proceso de análise prévia á redacción do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de Nigrán.

O secretário da Asociación de Viciños de Chandebriño, Carlos Gómez, puxo de manifesto o firme propósito das entidades vicinais de "participar neste proceso para oferecer a nosa opinión acerca de as decisións que se pretendan tomar".

"Nós sabemos como está a situación en cada unha das paróquias", indicou, ao tempo que reclamou ao concello que "explique aos viciños cais son os seus proyectos e que teña en conta as necesidades que se plantean en cada bairro".