Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O nigranés Jose Cuevas, novo coordinador comarcal de EU na área de Vigo

O nigranés Jose Cuevas, novo coordinador comarcal de EU na área de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
jose cuevas eu

Esquerda Unida renovou en Vigo a súa dirección comarcal nunha asemblea congresual con participación de numerosos colectivos sociais e persoas a título individual.

A Asemblea Comarcal de EU reunida este sábado, día 05 de outubro, elixíu  a José Cuevas (Nigrán) como novo coordinador. EU proponse incrementar significativamente o número de candidaturas a presentar nas nas vindeiras eleccións municipais, que de repetirse a nivel local a coalición AGE podería ser na práctica totalidade.

 

Segundo indican nun comunicado, "A duplicación da afiliación comarcal nos tres anos derradeiros sitúan á nosa organización como a alternativa política real fronte ós ditados da Troika, de Rajoy, de Feijoo. EU, estará ó lado das masivas mobilizacións democráticas previstas para este outono polos recortes sociais, lei Wert, desmantelamento do sistema público de pensións, desafiuzamentos, entre outras, ata acadar a dimisión de Rajoy".