Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O controvertido PXOM de Nigrán acada 1.200 alegacións ao finalizar o período de exposición pública.

O controvertido PXOM de Nigrán acada 1.200 alegacións ao finalizar o período de exposición pública.

Correo-e Imprimir PDF
Momento do último pleno municipal


A disconformidade coa redacción orixinal do PXOM queda reflectida  nunhas 1.200 alegacións presentadas  ante o Rexistro do Concello de Nigrán. Tras 3 meses de exposición pública  que pecharon este xoves 3 de outubro, os técnicos municipais atópanse na tarefa de clasificación das mesmas, cara á súa entrega ao equipo redactor que deberá informarlas, segundo comunica a alcaldía. Ademais deste estudo, o equipo deberá responder e axeitar o documento ante a chegada dos informes sectoriais pendentes do documento.

Nova etapa do PXOM e nova realidade política.

O documento conta cunha aprobación inicial e tócalle agora transitar unha segunda instancia de aprobación provisional no marco municipal. Será a Xunta de Galicia, quen finalmente co seu veredicto consolide o modelo urbanístico de Nigrán. Pero para chegar a esta instancia, o goberno agora en minoría do alcalde Alberto Valverde, deberá contar co apoio dalgún sector da oposición, feito que non sucedeu na aprobación inicial, cando a oposición na súa totalidade (PSOE, BNG e UCN-CDL) non só o votaron en contra, senón que acusaron aos populares de non consensuar o que consideraban un mal proxecto de ordenación, cheo de erros nos seus planos de redacción.

Tras a saída do concelleiro Ignacio Vilas do goberno de do grupo popular, ábrese a interrogante sobre o futuro do PXOM. Vilas, agora no grupo mixto, dimitiu xustamente do seu cargo como responsable de urbanismo,  argumentando o seu desacordo cos contidos e tramitación do documento. Aínda que o rexedor Alberto Valverde manifestou  en varias ocasións o seu optimismo en canto a que Vilas apoie este proxecto de PXOM, que votou na súa aprobación inicial, dende a oposición non existe a mesma opinión.

Valverde fai un chamamento “á responsabilidade” a todos os membros da corporación municipal

“Desde o goberno municipal brindamos a man ao resto da corporación a traballar con responsabilidade para dotar a Nigrán dun marco urbanístico adecuado. Neste momento non caben cuestións políticas, polo que esperamos contar coa súa presenza nas reunións de traballo sobre o PXOM para darlle a este municipio e aos seus veciños o Nigrán que se merecen”, declarou nun comunicado este xoves Valverde tras facer públicas a cantidade de alegacións presentadas.

Nembargante, a morea de acusacións e denuncias presentadas polos grupos opositores, sumadas ao malestar pola imposición da vontade única do partido de goberno na anterior etapa, fan previsible que non sexa doado o tránsito do documento cara a súa aprobación provisional nun futuro pleno, segundo o fixeron saber voceiros opositores nos últimos días. “que xunto coas alegacións informadas pola empresa redactora, incorporaranse ao documento que levará a aprobación provisional en sesión plenaria”.

O documento que conta cunha aprobación inicial en solitario cos votos do PP remata os tres meses de exposición pública cun número próximo ás 1.200 alegacións, segundo deu conta este xoves 3 de outubro o Concello de Nigrán.

Paralelamente, a administración local comunica que está pendente de recibir os últimos informes sectoriais do documento, “que xunto coas alegacións informadas pola empresa redactora, incorporaranse ao documento que levará a aprobación provisional en sesión plenaria”, informa o rexedor Alberto Valverde.

O alcalde popular salienta a labor dos técnicos municipais na atención de máis de un millar de consultas, durante esta etapa.

A nova etapa.

A finalización da exposición pública abre unha nova etapa na tramitación do documento de ordenación urbanística, que concluirá coa aprobación provisional do documento. “Os técnicos municipais están desde o día de hoxe clasificando todas as alegacións recibidas, para remitilas posteriormente á empresa redactora, que é a entidade responsable de informar sobre elas”, explica o rexedor municipal.