Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O conselleiro Hernández promete que as obras na Estrada pola Vía estarán rematadas neste verán.

O conselleiro Hernández promete que as obras na Estrada pola Vía estarán rematadas neste verán.

Correo-e Imprimir PDF
El-Conselleiro-de-la-CMATI-

O retranqueo dos servizos de electricidade e telecomunicacións, afectados polas obras de ampliación da Estrada pola Vía rematarán no verán. O anuncio o fixo o propio conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante a visita que mantivo esta tarde no concello de Nigrán. O resto da obra de remodelación da PO 325 (Vigo – A Guarda) está practicamente rematado agás 3 km no tramo final de Vigo e a mencionada intervención na Estrada pola Vía, á altura da Travesía por Praia América.

 

Agustín Hernández anunciou que o boulevard duns 800 metros de lonxitude que se está a construír na Travesía de Praia América "incrementará as prazas de aparcamento en máis dun 50%", chegando ás 170, así como a seguridade na zona. Esta actuación, contemplada no PXOM, terá unha calzada de 25 metros de largo, que incluirá vías de servizo a ambos os dous lados para que as manobras de aparcamento non interfiran no tráfico. Haberá espazo suficiente para peóns, vehículos, aparcadoiros, e bicicletas.

No que se refire aos primeiros 5 km do treito de Vigo ata a glorieta de Canido, as obras xa están rematadas. Neste tramo as obras centráronse na ampliación da sección transversal para habilitar beiravías e unha senda peonil, "segregando de xeito seguro o uso peonil e o ciclista", manifestou o conselleiro. O proxecto tamén contempla a mellora de interseccións, ordenación de servizos afectados e o reforzo do firme e adecuación do balizamento e a sinalización á normativa.

Durante a visita, na que estivo acompañado polo alcalde Alberto Valverde, Hernández indicou que coa posta en servizo deste treito complétase o eixo entre Vigo e A Guarda, que consta de 44 km, nos que a Xunta investiu preto de 30 millóns de euros "para mellorar a seguridade viaria nesta zona de Vigo, Val Miñor e Baixo Miño".