Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os usuarios do Centro Juan María realizarán prácticas de xardinería nos espazos públicos de Nigrán.

Os usuarios do Centro Juan María realizarán prácticas de xardinería nos espazos públicos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
convenio-juan-maria

Os usuarios do Centro Juan María poderán realizar prácticas de xardinería nos espazos públicos de Nigrán. Un convenio asinado este xoves por autoridades municipais e directivos do centro, permitirá que o podan facer por un período mínimo de dous anos, segundo informou o alcalde Alberto Valverde.

 

A sinatura ten por obxectivo colaborar co Centro Juan María no seu obxectivo fundacional de traballar na inserción laboral dos seus usuarios, sinalou o rexedor. No acto estiveron presentes, ademais do alcalde e concelleiros de goberno, o presidente do Centro, José Santoro.

Na reunión mantida, Valverde valorou o importante labor social que desde fai anos realiza esta institución, e reiterou o apoio do goberno municipal. Así mesmo, abordáronse unha serie de proxectos para levar a cabo a medio prazo, dirixidos a mellorar a inserción social e laboral dos usuarios do Centro Juan María, uns proxectos que Valverde espera poidan finalmente ver a luz.