Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Asuntos Sociais destina 28.000 euros al equipamiento del centro de día y reside

Asuntos Sociais destina 28.000 euros al equipamiento del centro de día y reside

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Asuntos Sociais colaborará coa fundación Menela no equipamento da residéncia e centro de dia Castro de Navás, ubicada na parroquia de Nigrán. O departemento autonómico destinará para este fin unha partida de 28.443 â?¬, segundo consta no convenio asinado coa entidade.

Asuntos Sociais posibilitará a adquisición de novo mobiliario para os cuartos e as zonas de uso comunitario. desta forma, a asociación Menela pretende incrementar o número de prazas residenciais e o de usuários do centro de dia.

O proxecto apresentado pola entidade beneficiaria estabelece un orzamento total de 45.270 euros para executar as actuacións; unha cifra que a Fundación se compromete a obter completando as subvencións con fondos próprios ou donados por outras entidades.

Menela é unha das asociacións que conforman a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia.

www.lavozdegalicia.es