Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Homenaxe á carpintería de ribeira en Nigrán.

Homenaxe á carpintería de ribeira en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
carpinteria-ribeira

O Salón de Actos do Concello de Nigrán albergará o vindeiro venres 30 de novembro ás 20.00 horas unha mesa redonda en homenaxe aos mestres carpinteiros baixo o título "A carpintería de ribeira", organizada polo GAC 7 -grupo de acción costeira zona 7 entre Vigo e A Guarda-, en colaboración co Concello de Nigrán.

 O acto ten como obxectivo prioritario redescubrir ás novas xeracións parte do patrimonio histórico e cultural de Galicia, así como honrar aos grandes mestres carpinteiros, que co traballo das súas mans fixeron realidade unha das fontes económicas da nosa comunidade: a pesca.

Neste contexto de patrimonio, historia, cultura, respecto e coidado ambiental e idiosincrasia enmárcase esta mesa redonda, na que participarán Manuel Loureiro. Mestre carpinteiro, mestre carpinteiro de Cesantes; Juan Castro, ex-xerente de Estaleiros Castro (Camposancos); Vicente Ferradás, mestre carpinteiro de Domaio; Juan Pérez, mestre carpinteiro de Coruxo, Xerardo Triñanes, presidente de AGALCARI (Asociación Galega de Carpintería de Ribeira), Lucía Fraga, de CETMAR; Víctor Fernández da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e Primitivo González, enxeñeiro naval e profesor da UDC.