
A denegación da concesión basease, en primeiro lugar, en que a actividade obxecto da solicitude, a posta en marcha dun negócio de hostelerÃa, non ten nengun interese público e pode levarse a cabo fora do domÃnio público.
Un proxecto defendido por PP e PINN que xerou unha grande rexeizón social
O grupo municipal socialista congratulouse onte pola resolución do Ministério de Meio Ambiente, que aborta o tento de abrir o barco restaurante en A Ramallosa. O portavoz Juan Antonio González felicitou onte a todas as entidades que se opuxeron ao proxecto, como a Confraria de Pescadores, a asociación A Groba, o Instituto de Estudos Miñoranos, a coordinadora para o estudo dos mamÃmeros mariños, ou a asociación galega de mariscadores, asi como aos mais de 600 veciños que participaron na campaña de recopilación de sinaturas. O actual goberno local ficouse práticamente só á hora de defender esta iniciativa. Os socialisas consideran que é un atentado ecolóxico a instalación da nave nun espacio natural a protexer e pendente de formar parte da Rede Natura e apostan por recuperar o rio Miñor.
Declaración do Foro de Medioambiente do Concello de Nigrán (14/11/2002)
Alegacións á demanda de ocupación de terreos de dominio público marÃtimo-terrestre (5/03/2003)
Audiencia en el expediente de solicitud de concesión para fondeo dun barco, destinado a restaurante, en A Ramallosa (14/07/2003)
Denuncia ante o SEPRONA (20/11/2003)
Carta ó "Defensor del Pueblo" (19/01/2004)
Ler noticia completa da Voz de Galicia