Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A policía local de Nigrán detén a un veciño de Priegue con orde de captura dende o 2009.

A policía local de Nigrán detén a un veciño de Priegue con orde de captura dende o 2009.

Correo-e Imprimir PDF

A policía local de Nigrán detivo a unha persoa radicada na parroquia de Priegue sobre o cal recaía desde 2009 un pedido de captura, detención e ingreso en prisión. As autoridades locais informan que a detención produciuse mentres dous axentes do corpo de seguridade local realizaban un control enmarcado na campaña de seguridade viaria, na madrugada do pasado sábado.

 

Segundo o informe policial, ante o comportamento sospeitoso do detido á hora de desvelar a súa identidade, e tras facilitar unha falsa, os axentes procederon a un rexistro oficial do vehículo, onde localizaron a carteira do condutor do vehículo que lles permitiu identificalo e proceder á súa posterior detención. O detido circulaba sen o cinto de seguridade abrochado, nun vehículo sen seguro e coa ITV caducada.