Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A política de persoal rompe a unidade do goberno de Nigrán

A política de persoal rompe a unidade do goberno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Duas concejalas do PP non acataron a disciplina de grupo no pleno ordinário de onte.
O alcalde estivo a ponto de perder a maioria durante a votación dunha moción do BNG.

O alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Miralis, viu-se obrigado a facer uso do seu voto de calidade no pleno de onte á producir-se unha igualada nunha votación relacionada coa política de persoal do Concello.

As edis Aurora Carbajal e Ana María Rial abstiveronse ante unha proposta do BNG, que pedia iniciar un expediente de modificación presupuestaria para cumplir o auto xudicial que obriga ao Concello a restituir as prazas de xefatura de negociado que foron suprimidas polo goberno. O alcalde anunciou que a equipa de goberno votaria en contra da moción porque habia que analizar se para cumplir o auto xudicial era necesário plantexar dita modificación presupuestaria.

Esta resposta provocou que protestase o portavoz nacionalista, David Giraldez, que deu por sentado que a decisión xudicial terá unhas repercusions económicas para o Concello porque haberá que devolver a categoria profesional aos funcionários que ocupaban ditas prazas.

Noticia completa da Voz de Galicia