Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A noite máxica de San Xoan voltou a iluminar o ceo de Panxón

A noite máxica de San Xoan voltou a iluminar o ceo de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

A noite máxica de San Xoán voltou a reunir en Panxón a milleiros de persoas que cumpriron con esta cita tradicional do solsticio de verán, na que a ancestral litúrxia precristiana deu paso nestes tempos a un ritual lúdico e profano, de tintes masivos, e onde o lume, o alcool, as sardiñas e o pan de millo son os condimentos dun aquelarre dionisiaco protagonizado príncipalmente por xente xove. Ver fotos da festa de este ano

A pasada noite, a pesar das inclemencias do tempo, non foi unha excepción, e unhas 30.000 persoas se congregaron na praia de Panxón, ate chegar a Praia América, dispostas a compartir a noite do deus Sol.

Na hora meiga, a máxia prendeu lume á leña, o cartón e mesmo a alguns apuntes en libretas e fólios que botaron ao lume alguns estudiantes para facer cinzas nove meses de sesudos estudos.

A inxente masa de devotos das fogueiras foi enchendo a praia de Panxón a partir das 22.00 horas, momento a partir do cual activouse o dispositivo de seguridade da Guardia Civil, a Policia Municipal de Nigrán e Protección Civil. O dispositivo estabeleceuse en tres estructuras: seguridade cidadá, da que se encarregou unha vintena de axentes da Garda Civil; tráfico, regulado por trece policias locais, que cortaron a rúa Cidade de Vigo e invertiron o sentido de Arquitecto Pazos; e atención sanitária, cunha dúcia de voluntarios de Protección Civil para atender feridas, queimaduras ou intoxicacións etílicas, e que contaron con tres ambulancias para trasladar aos accidentados ao Centro de Saúde da Xunqueira, onde anoite estaba preparado un dispositivo especial.

Ver máis fotos feitas por valminor.info

www.farodevigo.es