Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán I edición dos Premios Nigrán 2012.

I edición dos Premios Nigrán 2012.

Correo-e Imprimir PDF
cine imperial

-O novo edificio municipal acollerá a primeira gala dos Premios Nigrán o vindeiro venres 18 de maio, ás 20 horas.

-O alcalde Alberto Valverde fará un recoñecemento público aos seis alcaldes da etapa democrática durante a velada.

O Salón de Actos do novo edificio consistorial será a sede da primeira edición dos Premios Nigrán, creados polo actual goberno municipal. O acto ten por finalidade recoñecer de forma pública a traxectoria e achegas ao municipio de particulares, empresas e colectivos de Nigrán ao longo dos seus 178 anos de historia.

Os premios.

"Los Premios Nigrán 2012 distinguirán los méritos alcanzados por vecinos y vecinas de Nigrán en los ámbitos social, cultural, educativo, deportivo, empresarial y a la innovación", explicou o rexedor municipal, Alberto Valverde. Os premiados desta primeira edición serán o Centro Juan María de Parada, o Cine Imperial d'A Ramallosa, o CEIP de Mallón, o ex-futbolista Jorge Otero, a panadería Copena Camos e Sondeos Nigrán.

Recoñecemento aos alcaldes da democracia

Ademais, nesta primeira edición, e coincidindo có 33 aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas, o Concello de Nigrán honrará aos alcaldes da etapa democrática, Modesto Valverde Soto, Avelino Fernández Alonso, José Villar Pereira, Manuel Rial Cadaval, Alfredo Rodríguez Millares y Efrén Juanes Rodríguez.

Autoridades que participarán do acto.

O acto contará coa presenza do conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, Alfonso Rueda, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente, José Manuel Figueroa, entre outras moitas autoridades do ámbito autonómico, provincial e de municipios próximos, así como con toda a corporación municipal.