Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE volve a denunciar o uso de material e operarios do concello para o mantemento dunha parcela privada

O PSOE volve a denunciar o uso de material e operarios do concello para o mantemento dunha parcela privada

Correo-e Imprimir PDF
Operarios municipais cambiando o valado da parcela

O PSOE denuncia novamente o uso de material e operarios municipais para o mantemento dunha finca privada situada na desembocadura do río Muíños en Praia América.

A finca, propiedade da constructora Mario Puentes, foi obxeto de críticas por parte da oposición despois das cesións  ao concello para o seu uso.

O concello sinala un trato de favor aos propietarios cunha recalificación que aparece reflexada na última modificación do PXOM realizada polo goberno municipal do Partido Popular.

O portavoz dos socialistas, Juan González, denunciou onte un presunto delito de "malversación de fondos e prevaricación" en relación ás obras que operarios municipais da concellería de Vías e Obras están realizando no valado dunha finca privada situada en Praia América. "Funcionarios do Departamento de Vías e Obras coa complicidade do Alcalde usan o seu tempo e o diñeiro dos cidadáns para realizar, durante os últimos días,  peche desta parcela de propiedade privada." sinala o portavoz que non dubida en denunciar un posible delito de "malversación de fondos públicos e prevaricación" nesta actuación.

González sinala que deberían invertirse o material e os operarios municipais en actuacións en camiños e obras públicas como o Camiño do Poutón ou as accesos ás praias e aos areais, "e non no peche desta parcela de propiedade privada".

 

Recalificacións urbanísticas da parcela no novo PXOM

A única finca sen urbanizar no frente de costa está sendo obxeto de atentas miradas ao longo do mandato Popular, logo de que o PSOE denunciara o ano pasado o acondicinamento e limpeza da finca como aparcadoiro de coches no periódo estival e apuntara a un posible trato de favor en contraprestación. A finca quedaría recalificada como o PERI 11 no novo PXOM, cun "desenvolvemento urbanístico desmesurado e en bloque" nun areal lindante á desembocadura do río. 

Os informes da Xunta sinalan que "esta parcela está situada na primeira liña de Praia América, na desembocadura do corredor do río Mallón. A súa incidencia na fronte litoral é evidente, e por este motivo deben reforzarse as garantías para que a ordenación pormenorizada acade os obxectivos de mellora da fachada marítima e de conectividade e respecto dos valores ambientais e paisaxísticos existentes".

Os socialistas solicitarán aos servizos xurídicos e económicos do Concello que inicien as investigacións nestas actuacións.