Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A mocidade do Partido Popular celebra esta fin de semana a súa II Escola de Formación en Nigrán.

A mocidade do Partido Popular celebra esta fin de semana a súa II Escola de Formación en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto-Valverde-I-Escola-F

 

Representantes da mocidade do PP de Pontevedra participarán dunha xuntanza formativa esta fin de semana na Praia de Patos, Nigrán. Trátase da II Escola de Formación organizada por Novas Xeracións, na que se informa, se abordarán temas de actualidade nacional a través de coloquios, debates e intercambio de opinións cos líderes do partido que participarán das palestras. As xornadas honrarán a memoria de Ángel Latas, falecido hai 3 anos e que fora membro desta agrupación xuvenil.

Inauguración

A inauguración desta II Escola será o sábado ás 10 horas e nela participarán Gerardo Chamorro, secretario de NNXX de Nigrán, Pablo Novas Caballero, secretario provincial de NNXX de Pontevedra e o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.

Programa

Nestas xornadas, que se desenvolverán o sábado e o domingo, a primeira das mesas formativas, que terá lugar o sábado ás 10:15h leva por título, "A Xuventude Emprende". Nela participará o directo xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e Francisco Javier González Mariño, dinamizador da xuventude.

A segunda mesa de traballo, leva por título, "Compartindo emprendemento", mentres que a terceira, prevista para as 17.00h, versará sobre educación e nela participará o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez Abad.

A xornada do sábado pecharase coa mesa “Mozos empresarios, cómo emprender?", moderada pola coordinadora de Economía e Emprego de NNXX de Galicia, Lorena Pérez Pintos.

O domingo, un vídeo homenaxe a Ángel Latas, servirá de peche a unhas xornadas que está previsto que sexan clausuradas polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o presidente provincial de NNXX, Diego Gago, o vicepresidente provincial do PP de Pontevedra, Chema Figueroa, o presidente de NNXX de Galicia, Javier Dorado, e o secretario do PPdeG, Alfonso Rueda Valenzuela.