Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Retevisión pede ao Concello de Nigrán unha indemnización de 562.000 euros

Retevisión pede ao Concello de Nigrán unha indemnización de 562.000 euros

Correo-e Imprimir PDF

O TSXG admitiu a trámite unha denuncia presentada pola empresa Retevisión Móbil pola anulación dunha licencia para a instalación dunha antena de telefonia móbil que fora concedida polo goberno anterior, pero que tivo que revocar para cumplir unha sentenza xudicial.

Esta compañia reclama unha indemnización de 562.438 euros por ter tido que desmantelar a antena para a que se concedera nun princípio unha autorización municipal.

O porta-voz do PINN, Avelino Fernández, considera que, en caso de perder o contencioso administrativo, as arcas municipais non deberian de facer fronte a semellante indemnización, que na sua opinión é producto dunha má xestión do goberno anterior. Por ese motivo, o seu grupo político pedirá que os anteriores mandatarios locais asuman co seu patrimonio persoal o pago dos danos e perjuicios.

Os feitos remontan-se ao mes de setembro do 99, cando o entón alcalde, o socialista Manuel Rial, concedeu por decreto a licenza para a instalación dunha antena de telefonia móbel no Camiño Cortiñas, sito no bairro de As Angustias de Nigrán. Desde o primeiro momento, os viciños solicitaron ao Concello a revocazón de dita licencia por considerar a antena amola, con un negativo impacto visual e con posíbeis efeitos nocivos para a saúde. O pleno chegou mesmo a aprobar por unanimidade unha moción do PP para revocar dita licencia e outorgá-la en outro lugar, lembro que non foi cumplido polo goberno, que entón estaba en minoria.

En maio de 2000, os afectados se constituiron na Asociación Dunas de Nigrán e formularon un recurso de reposición que foi desestimado polo alcalde. Esta situación obrigou aos viciños a apresentar un contencioso que acabaron gañando. O xulgado obrigou entón a desmantelar a antena e na sentenza destacou a actuación «poco diligente» que tivo o Concello durante o proceso, que non chegou a comparecer no xuízo para defender a sua posición.

A corporación chegou mesmo a querelar-se contra Rial por presunta prevaricación, pero a denúncia non chegou a prosperar. Agora Retevisión Móbel reclama danos por ter tido que sacar a polémica antena.