Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os centros escolares de Panxón participarán no programa Ecoescuelas

Os centros escolares de Panxón participarán no programa Ecoescuelas

Correo-e Imprimir PDF

-A iniciativa ten por obxectivo aumentar a concienciación entre os colectivos máis novos do municipio en coidado e protección ambiental.

 

O Concello de Nigrán asinará nos próximos días un convenio de colaboración mediante o cal o C.P.I. de Mallón, o C.E.E. de Panxón e a Escola Infantil As Dunas participarán no programa Ecoescuelas, coordinado a través da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

Segundo información dos organizadores, o proxecto pretende introducir e potenciar a nivel internacional a educación ambiental para o desenvolvemento sostible e a xestión e certificación ambiental en centro de educación infantil, primaria e secundaria.

"O programa anima ao alumnado a desenvolver un papel activo e participativo nos seus centros, mostrándolles como poden mellorar e beneficiar o seu medio ambiente local, e por extensión, global, abordando áreas temáticas básicas, como o control do gasto de auga, de consumo enerxético ou unha correcta xestión dos residuos, entre outros, e sempre buscando aumentar a concienciación entre os estudantes", explicou o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.