Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Escalada de roubos en Nigrán

Escalada de roubos en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Dous locais na Estrada pola Vía e tres na Rúa Mar Cantábrico foron violentados e roubados na madrugada de onte en Nigrán. A escalada tivo como vítimas un centro de estética, unha sucursal de seguros, unha distribuidora de materiais de construción, unha inmobiliaria e apropia sede do PP de Nigrán.

En tódolos casos os roubos foron cualificados como menores, aínda que as desfeitas e roturas de portas e fechaduras dos inmobles provocaron a indignación dos propietarios.

Por outra banda, o PSOE responsabilizou ao alcalde Alberto Valverde por ser o "máximo responsable da seguridade en Nigrán". Nese senso os socialistas lembran que o rexedor "prometeu en campaña electoral que co mantemento da Policía Local polas noites rematarían os excesos que se ocasionan os sábados pola noite no entorno de A Ramallosa e asemade acabaría coa "inseguridad ciudadana que el PSOE y Efrén Juanes está ocurriendo en Nigrán".

Nembargante, para os socialistas a escalada de roubos que sufriu o municipio demostra que a seguridade cidadán "non se soluciona con medidas populistas senón co traballo e coordinación das Forzas de Seguridade do Estado e sobre todo da Guardia Civil que co Goberno Socialista conseguise se convertera nun Posto principal Nigrán-Baiona."