Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta de Galicia compromete axilizar o PXOM e fornecer infraestruturas no concello de Nigrán.

A Xunta de Galicia compromete axilizar o PXOM e fornecer infraestruturas no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
visita-a-san-caetano

Axilizar o trámite do PXOM, a construción do centro de saúde en Panxón, e o pago de 300 mil euros pola expropiación do almacén municipal, foron as principais demandas do equipo de goberno de Nigrán achegadas a Alberto Núñez Feijoo, nunha xuntanza mantida en Santiago de Compostela o pasado martes. Na xuntanza, tamén abordáronse unha licitación pendente para mellorar o Camiño de Santiago pola Costa, a instalación de novas redes de xeración eléctrica no municipio, así como a ampliación da cobertura de Banda Larga no concello.

 

O PXOM.

Na visita ao presidente da Xunta de Galicia, participaron o alcalde Alberto Valverde e o tenente de alcalde Ignacio Vilas. Segundo información do Concello, o presidente Núñez Feijoo comprometeuse a que a documentación do PXOM se atope no Concello de Nigrán nas próximas semanas, cara a súa aprobación inicial. Pola súa banda, o rexedor de Nigrán anunciou que previa á aprobación inicial polo pleno, a documentación, unha vez adaptada aos requisitos da Xunta polos técnicos municipais e a empresa redactora, será exposta publicamente.

Centro de Saúde de Panxón

Co respecto ao Centro de Saúde, as autoridades de Nigrán, afirman que a Xunta " mantiene la construcción del nuevo centro de salud de Panxón dentro de su agenda de próximas actuaciones prioritarias", nembargante non foi adiantada ningunha data para a súa realización.

Outras actuacións.

Entre os anuncios logo da reunión, o alcalde manifestou que a Secretaría Xeral de Turismo está pendente de licitar unha actuación de rozado e limpeza de camiños, que inclúe o trazado do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Nigrán, cun orzamento estimado de 23.000 euros.

Así mesmo, segundo o rexedor, o presidente da Xunta de Galicia avanzou que en 2013 o Plan de Banda Larga Rural da Secretaría Xeral de Modernización da Xunta de Galicia, executado en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dará cobertura total ao municipio. Ademais, antes de finalizar o próximo ano, a Xunta de Galicia instalará a través deste proxecto redes de nova xeración de 100 Mb nos núcleos de poboación de Vilamean, Area Alta, San Juan e A Ramallosa.