Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Traballadores de CESPA protestan polo despido dun compañeiro que estaba de baixa por enfermidade

Traballadores de CESPA protestan polo despido dun compañeiro que estaba de baixa por enfermidade

Correo-e Imprimir PDF
A protesta do sindicato repetirase ao longo destes días
Folleto informativo que repartiron os traballadores durante a protesta
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

 Varios traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza municipal CESPA, protagonizaron unha "sonada" protesta diante do consistorio para solicitar a readmisión dun compañeiro que foi despedido logo de incorporarse dunha baixa por enfermidade.

A CIG non descarta a convocatoria dunha folga no servizo de recollida de lixo en Nigrán se non se readmite a este traballador.

 

O sindicato CIG Servizos denuncia que o traballador foi despedido logo de incorporarse dunha baixa de un ano por circunstancias de saúde graves. Según o sindicato, a empresa notificou ao traballador o despido por "motivos económicos"  e alegou  "que os traballadores que están de baixa non son rentables para a empresa". A empresa despediu ao traballador acolléndose á nova reforma laboral posta en marcha polo goberno central que permite alegar "motivos económicos" para realizar un despido procedente cunha indemnización de 20 días por ano traballado ata un máximo de 12 mensualidades.

Ante esta situación, os traballadores decidiron mobilizarse ante o consistorio nigranés para denunciar o feito públicamente e solicitar novamente a mediación do concello e a empresa CESPA para que readmitan ao traballador.

O concello e a concesionaria reuníronse recentemente para tratar este tema sin chegar a ningún acordo.

 O sindicato informou que seguirán mantendo a protesta de luns a xoves a partir das 13h diante do concello, e advirten que no caso de que CESPA non faga caso ás súas demandas non descartan convocar unha folga no servizo de recollida do lixo en Nigrán.