Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nais, pais e traballadores concéntranse diante da Galiña Azul de Nigrán para rexeitar a súa privatización

Nais, pais e traballadores concéntranse diante da Galiña Azul de Nigrán para rexeitar a súa privatización

Correo-e Imprimir PDF
galina-azul-nigran

Un grupo de pais, nais e traballadores concentráronse onte diante da Galiña Azul de Nigrán, denunciando a intención de privatizar este centro educativo por parte do Consorcio Galego de Servizos. Os manifestantes aínda que nun principio barallaron a posibilidade de iniciar un peche nas instalacións, finalmente trasladaron máis tarde a protesta á casa consistorial.

 

A protesta xuntou a máis de medio cento de persoas, entre traballadores, delegados sindicais da CIG e pais e nais. No acto tamén reclamaron que se lles aplique aos traballadores o convenio do persoal laboral da Xunta.

A concentración tivo lugar entre as 19.30 e as 20.30 horas. Segundo manifestaron fontes da CIG, esta mobilización enmárcanse na reivindicación que "máis de 1.500 traballadora están levando a cabo para que se lles aplique o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza, en contra da privatización e en defensa do posto de traballo".

Segundo informou a central sindical, malia que o propio Consorcio depende da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, "non teñen convenio colectivo e están moi lonxe de ter as mesmas condicións de traballo e salario que ten o persoal laboral da Xunta de Galiza da mesma categoría e profesión". Nese senso, denunciaron que o persoal do Consorcio percibe uns salarios reducidos nun terzo, aproximadamente, respecto á dos seus homólogos da Xunta.

Por outra banda, alertaron que a consellaría de Traballo e Benestar vén de iniciar o camiño da privatización dos servizos que presta o Consorcio. Así, a día de hoxe, xa hai cinco "Galiñas azuis" privatizadas, polo que os manifestantes temen que "igual sorte correrán as próximas 12 Galiñas azuis que se van abrir para o vindeiro curso".