Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Desaparecen 30 participacións do "Gordo de Navidad" do Partido Popular de Nigrán.

Desaparecen 30 participacións do "Gordo de Navidad" do Partido Popular de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
decimo2011

O Partido Popular de Nigrán deu a coñecer esta noite a desaparición dun talonario con 30 participacións para o tradicional sorteo da Lotería Nacional a celebrarse nesta xornada do xoves 22 de decembro. As participacións subtraídas corresponden ás series nº 0421 á 0450, cun valor de 5€ cada unha, xogados en partes iguais de 2,5€ aos números de lotería 91199 e 11601. Os populares advirten ante a posible revenda ilegal dos mesmos, que as persoas afectadas fagan a denuncia ante a policía.

 

Os números desaparecidos estaban nunha "bandolera" pertencente ao concelleiro de Economía e Facenda Alberto García Pazos, segundo consta na denuncia formulada ante a Policía Local de Nigrán con data 30 de novembro de 2011. No escrito, García Pazos manifesta que o día 25 do mesmo mes, funcionarios desa dependencia entregáronlle a mochila que "probablemente había dejado olvidado en la cafetería sin que hasta este momento me hubiera percatado de su falta". Aínda que no mesmo escrito siñala que "desconozco el lugar exacto de la pérdida o substracción".

Ao verificar os efectos que tiña no interior do bolso, o edil afirma que "pude comprobar que faltan participaciones de la lotería de navidad del Partido Popular".