Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Abertas as inscricións para os campamentos do Nadal en Nigrán.

Abertas as inscricións para os campamentos do Nadal en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concelleria de Igualdade, Patrimonio e Xuventude, a través do Centro de Información ás Mulleres de Nigrán, organiza un campamento de nadal destinado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2007 e 1999; nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. O obxectivo deste campamento é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar co coidado dos/as menores.

 

O campamento desenvolverase do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro nas instalacións do C.E.I.P. de Mallón en horario de 9:00 horas ás 14:00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (Antiga Estación do Tranvía de Panxón), na Estrada pola Via, nº65, Panxón, no teléfono 986 383 081 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O periodo de inscripción é do 12 ao 22 de decembro.

Daráse preferencia ás familias con dificultades para conciliar a vida familiar e laboral có coidado dos menores por motivos de traballo, formación ou coidado de persoas dependentes. É requisito imprescindible estar empadroado en Nigrán