Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Parada gozou dunha especial velada musical na igrexa de Santiago

Parada gozou dunha especial velada musical na igrexa de Santiago

Correo-e Imprimir PDF
220px-Santiago de_Parada_Nigrn
{plusone}

Medio centenar de veciños do Val Miñor participaron dunha exquisita velada musical na igrexa de Santiago de Parada. O acto consistiu nunha audición de Música Sacra dirixida polo especialista Manuel López-Benito e organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos. A experiencia consistiu en percorrer a música relixiosa dende as creacións medievais do canto gregoriano ata as achegas dos grandes clásicos como Mozart, Bach, Vivaldi, Haydn o Beethoven entre outros.

 Nun marco diferente do que adoita afacerse nestes tempos, o Ciclo "Música nas Capelas do Val Miñor", propón escoitar a música naqueles sitios para os que foi creada e onde orixinariamente foi executada. A sensibilidade do mestre Manuel López, e os seus afastados coñecementos do eido musical, non só aportan un erudito coñecemento das pezas, se non que transportan ao público á esencia mesma de cada composición.

Dim lights Embed Embed this video on your site