Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Plan de Inclusión da Xunta forma a 15 persoas en limpeza industrial en Nigrán

O Plan de Inclusión da Xunta forma a 15 persoas en limpeza industrial en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Un curso do II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) da Consellería de Traballo e Benestar achega estes días formación en limpeza industrial a quince persoas en risco de exclusión en Nigrán. Cunha duración de 60 horas impartidas polas mañás ata o vindeiro 17 de outubro, o curso busca achegar aos asistentes coñecementos que lles permitan aumentar as súas competencias cara ao mercado de traballo.

Estes cursos de formación ocupacional constitúen unha máis das accións que conforman os itinerarios de inserción sociolaboral, un percorrido deseñado polos técnicos de inclusión para cada unha das persoas participantes no II PGIS.

Eses itinerarios poden incluir tamén formación en competencias persoais ou en búsqueda de emprego, prácticas en empresas ou cursos con compromiso de contratación, todo co obxectivo de mellorar o perfil profesional dos asistentes e, polo tanto, as súas opcións de acceder a un posto de traballo.

Como en todos os casos, ao terminar o curso de formacion ocupacional, os asistentes continuarán traballando co equipo de Inclusión ata rematar o resto de accións incluidas nos seus itinerarios. No primeiro semestre deste ano, preto de 300 participantes de toda Galicia no Plan de Inclusión accederon a un posto de traballo e as distintas accións formativas chegaron a máis de 400 persoas.

O II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia e é xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.